| bases Da CONVOCATORIA | |
|
|
|
Nos cursos que así se sinalen, as clases poderán ser seguidas por videoconferencia nos lugares sinalados, nas aulas multimedia ou salas web que se indican:
A ESTRADA
LUGO (AULA DE PRODUCTOS LÁCTEOS)
MONFORTE DE LEMOS (ED. USOS MÚLTIPLES)
OURENSE (DELEGACIÓN PROVINCIAL DE CULTURA DE OURENSE)
REDONDELA (AULA DE REDONDELA)
RIVEIRA (CONFRARÍA DE PESCADORES)
SANTIAGO (CENTRO MULTIMEDIA DE GALICIA)
SANTIAGO (FACULTADE CIENCIAS DA INFORMACIÓN)
VERÍN (CASA DA CULTURA)
No caso de que algunha das aulas non conte cun mínimo de 5 solicitudes poderanse trasladar as solicitudes existentes á aula máis próxima. A inscrición nos cursos de biblioteconomía poderá levarse a cabo a través de inscrición na dirección de Internet adicada ós cursos: www.csbg.org\cursos\index.htm
As plazas cubriranse por estricta orde de inscrición, e o prazo para a inscripción pecharase unha semán antes do comezo do curso.
No momento de realizar a solicitude deberá indicarse, para cada curso, a orde de prioridade dos lugares dende os que se poden seguir as clases.
En caso de que non houbese praza no lugar escollido en primeiro lugar asignarase o segundo, se houbese praza no mesmo. As listas de admitidos poderán ser consultadas no lugar web indicado ou no teléfono do CSBG.
Todas aquelas persoas que non poidan ou non desexen asistir a un curso no que estean aceptados deberán comunicalo con alomenos 3 dias hábiles de anticipación, salvo casos xustificados de forza mayor. De non facerse así perderán o dereito a asistir ós restantes cursos do ano.
A asistencia ó curso é obrigatoria e só se permitirá unha ausencia dun 10% das horas lectivas. Para o seguimento da asistencia deberáse asinar a folla correspondente á entrada e saída do curso.
Nos cursos sinalaráse o nivel dos mesmos, que poderá ser básico, medio ou superior. Nos cursos de nivel medio ou superior poderánse esixir os diplomas ou acreditacións que xustifiquen a formación de nivel inferior.
Non se poderán apuntar no parte de firmas se non están autorizados polos responsables dos cursos de biblioteconomía do CSBG.
Debido ó reducido nº de horas dos cursos, non
se admiten xustificantes para as faltas de asistencias
Ó termo dos cursos expedirase diploma acreditativo de asistencia a tódolos asistentes ós mesmos.