Mesa Redonda



Entre os cursos e actividades formativas para este ano 2005 decidimos incluír unha Mesa Redonda sobre Sistemas Autonómicos dado o interese do tema en razón da redacción da nova Lei de Bibliotecas de Galicia. Esta Mesa celebrarase o día 4 de febreiro, polo que, aparte da información habitual na nosa páxina sobre cursos, enviámoslle información urxente sobre a mesma por si ten interese en acudir a ela.

* Participantes na Mesa:

• Assumpta Bailac Puigdellibol, Directora Xeral de Promoción Cultural da Generalitat de Cataluña. Ata fai pouco foi a Directora do Servizo de Bibliotecas da Deputación de Barcelona. Máxima responsable das Bibliotecas Públicas en Cataluña.
• Juan Sánchez Sánchez, Xefe do Servizo do Libro, Arquivos e Bibliotecas de Castilla –La Mancha. Promotor do desenrolo do Sistema de Bibliotecas de Castilla –La Mancha.
• Fernando Armario Sánchez, Director Xeral de Bibliotecas e Arquivos da Comunidade de Murcia e Director Xeral de Promoción Cultural ata fai un mes. Foi tamén Subdirector de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Director da Biblioteca Rexional de Murcia.
• Daniel Buján, Xefe do Servizo de Bibliotecas, moderador

* Lugar de celebración: Salón de actos da Biblioteca Nodal "Miguel González Garcés"
* Horario: De 19:00 a 21:00 horas aproximadamente.
* Día: 4 de febreiro

Nota: A asistencia ó curso é libre e non darase diploma de asistencia.