¿Que obras se poden inscribir?
No rexistro poden inscribirse os dereitos sobre tódalas obras, actuacións
e produccións protexidas pola Lei de propiedade intelectual.
¿Que obras poden acceder ó rexistro?
Tódalas creacións orixinais literarias, artísticas ou
científicas, expresadas por calquera medio ou soporte, comprendéndose
entre elas e a título de exemplo:
- Os textos literarios ou científicos,
discursos, alocucións e conferencias.
- Composicións musicais.
- Obras teatrais.
- Obras audiovisuais.
- Obras artísticas como esculturas, debuxos,
gravados, cómics, fotografías e as demais obras plásticas
sexan ou non obras de arte aplicada.
- Obras e proxectos arquitectónicos
ou de enxeñería.
- Programas de ordenador.
¿Que obras
non están protexidas pola Lei de propiedade intelectual?
É doado aclarar que non están protexidas pola Lei de propiedade
intelectual e polo tanto non poden acceder ó rexistro:
- As ideas, procedementos, sistemas,
métodos de operación ou conceptos matemáticos en si mesmos.
- As disposicións legais
ou regulamentarias, resolucións dos órganos xurisdiccionais,
dictames de organismos públicos, como tamén as traduccións
oficiais dos citados textos.
¿Quen
pode solicitar unha inscrición?
Poden solicita-la inscrición por si mesmos ou mediante representante:
- Os autores e demais titulares
de dereitos de propiedade intelectual con respecto á obra propia, actuación
ou producción.
- Os sucesivos titulares de
dereitos.
¿Dende que data produce efectos a inscrición?
A inscrición é eficaz dende a data de presentación da
solicitude, sempre e cando non teña erros substanciais, de se-lo caso,
será a data na que se achegue a documentación que corrixa estes.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
Requirimentos da solicitude:
As solicitudes de inscrición preséntanse achegando:
- O impreso oficial de solicitude
por duplicado.
- O exemplar identificativo
da obra, actuación ou producción.
- A documentación complementaria,
segundo os casos, requirida en virtude da lexislación sobre a propiedade
intelectual.
- Xustificante do pago da taxa correspondente.
¿Como cumprimeta-lo impreso oficial
de solicitude?
O impreso que está composto de dúas partes, modelo A (por duplicado)
e modelo B, ten que cumprimentarase a máquina ou con letras maiúsculas
e ser asinado polo solicitante. Contén as seguintes mencións:
MODELO
A: |
SOLICITANTE:
cumprimentarase tódolos datos de identificación da persoa física
que efectúa a solicitude, indicando o enderezo correspondente para
os efectos de comunicación.
Se fose en representación deberá acreditar esta, sendo suficiente
cun documento privado de autorización para actuar ante o rexistro asinado
polo autor e o titular de dereitos.
TÍTULO: indicarase o
título da obra, actuación ou producción da inscrición
que se solicita e que deberá cadrar co que figura no exemplar identificativo.
AUTOR/ES: faranse consta-los
datos identificativos do autor e de ser varios, os datos de cada un deles
axuntando fotocopia do DNI ou pasaporte.
Considérase autor á persoa natural que crea unha obra literaria,
científica ou artística.
TITULAR DO DEREITO: os dereitos
de propiedade intelectual corresponden ó autor polo só feito
da creación da obra. Polo tanto, o titular orixinario do dereito é
o propio autor.
- Se o titular é unha persoa distinta do autor achegaranse os seus
datos identificativos, xunto coa fotocopia do DNI, pasaporte ou CIF, segundo
proceda.
- Se o titular fose unha persoa xurídica deberá acreditar, ademais,
a súa personalidade.
MODELO
B: |
Este modelo é
diferente dependendo da clase de obra, actuación ou producción
dos dereitos que pretenden inscribirse.
En tódolos supostos deberá indicarse se a obra ou actuación
está ou non divulgada e a data e lugar da dita publicación.
Ademáis terá que indicar en cal dos recadros que constan no
modelo de solicitude B se adscribe a súa obra.
MODELO
C: |
Este modelo corresponde
a "Outros dereitos" (Conexos e afíns)
MODELO
A-T: |
Este modelo corresponde para inscripcións de transmisións
AUTORIZACIÓN |
RELACIÓN
LABORAL SEGÚN EL ÁRTIGO 51.2 |
RELACIÓN
LABORAL SEGÚN EL ÁRTIGO 97.4 (programas de ordenador) |
MODELO
IDEAS, MÉTODOS E OUTROS |