Obras en soporte papel

   Presentaranse encadernadas ou protexidas e grampadas dentro dunha carpeta.

     Paxinarase a obra.

    Na portada constará o título completo e nome e apelidos do autor ou titular orixinario.

   Oautor/es asinarán na primeira e última páxinas.

    En caso de aportarse fotografías, deberase indicar de quen son.

Obras en soporte distinto ao papel

       Presentarase debidamente protexido.

      Asinarase no propio soporte polo autor ou autores.

      En todo caso, aportarase un resumo por escrito asinado por quen lle corresponda a autoría.

Obras colectivas

        Manifestación de que a obra ten o carácter de colectiva.

        Certificado de constitución de depósito legal.

     Exemplar da obra editada. Se nesta constan como autores as persoas naturais que crearon a obra, farase constar o seu nome, apelidos e DNI.

Obras compostas ou derivadas

       Nome e apelidos do autor ou coautores da obra preexistente, así como a súa autorización.

Obras non escritas en galego ou castelán

Deberá facerse constar o título orixinal e a súa traducción, así como un breve resumo da obra e o índice desta traducido ao galego ou o castelán.

Documentos que se deben aportar

xXuntarase fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor do autor ou autores e do solicitante.

Se o solicitante non é autor, deberá presentar autorización asinada polo autor ou autores igualmente, se son varios os autores e soamente un deles presenta a obra.

Se hai cesión de dereitos, aportarase o documento da cesión no que consten tódolos requisitos que esixe a lei de propiedade intelectual para este tipo de actos xurídicos.

  Ademais aportarase a escritura pública de constitución da sociedade (ou inscrición no correspondente rexis­tro de Fundacións, Asociacións, etc.); e poder do representante que acepta a cesión (se non figura xa na escritura).

   Fotocopia do CIF da persoa xurídica.

   Se hai relación laboral, cubrir impreso oficial e aportar última nómina se é traballador da empresa, así como copia do contrato de traballo.